Friday 03 de May de 2024

O Concello licita por 60.000 euros a pavimentación do camiño da Areosa, en San Cidre


· O obxectivo é acondicionar o firme e realizar a limpeza de cunetas.

· O prazo para presentar ofertas finaliza o 16 de abril.

O Concello de Bergondo sacou a licitación un contrato valorado en 60.000 euros para a pavimentación da travesía de San Cidre, coñecida como camiño da Areosa. O prazo para presentar ofertas no perfil de contratante municipal finaliza o 16 de abril.

Os traballos que levarán a cabo nese tramo consistirán no acondicionamento do firme e a limpeza de cunetas. Ademais, demoleranse as dúas plataformas para contedores para volver reconstruílas incorporando un paso para o auga.